Nova
Publicada a resolución das axudas para apoiar a rede de centros de información á muller, formada por 84 recursos
O Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe recolle as achegas concedidas, que suman un total de cinco millóns de euros
Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2026
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da orde de axudas para apoiar a actividade da rede de Centros de Información á Muller (CIM), formada por 84 recursos. En total, destínanse cinco millóns de euros a apoiar estes servizos.
Así, a través destas achegas subvenciónanse os gastos de persoal que teñen os CIM: postos de dirección, asesoramento xurídico, atención psicolóxica, persoal técnico ou axentes de igualdade, entre outros perfís profesionais.
En canto á contía das axudas, cada concello pode recibir como máximo 52.000 euros e ata 120.000 euros no caso de solicitudes conxuntas. Así mesmo, concédese un adianto do 80% do total da achega outorgada.
O período de referencia para o desenvolvemento deste programa é o comprendido entre o pasado 1 de abril e ata o 1 de mazo de 2027, ambos os dous incluídos.