Nova

A Xunta apoia o labor de Asfega coas persoas que teñen enfermidades metabólicas

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, inaugurou hoxe o encontro que esta entidade celebra a fin de semana na Residencia de Tempo Libre de Panxón


Nigrán (Pontevedra), 3 de outubro de 2026

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, inaugurou hoxe a XXXIV Convivencia de Enfermidades Metabólicas, promovida pola Asociación Fenilcetonúrica e OTM de Galicia (Asfega) e que esta fin de semana reúne na Residencia de Tempo Libre de Panxón a doentes, familiares e profesionais do ámbito sociosanitario.

Jacobo Rey destacou o apoio que desde Asfega se presta ás persoas con enfermidades metabólicas e ás súas familias. Ademais, valorou a importancia que teñen este tipo de eventos para compartir experiencias e adquirir maiores coñecementos sobre estas doenzas.

Así, o programa da convivencia inclúe, entre outras temáticas, relatorios sobre os avances no estudo das enfermidades metabólicas, a importancia do diagnóstico precoz, os novos tratamentos e terapias ou o papel da nutrición e o exercicio físico na saúde destes pacientes.