Nova

Fabiola García define a premio Nobel Anne L’huillier como un referente que inspira as novas xeracións de científicas galegas


Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2026

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, asistiu este mediodía ao encontro da Unidade Muller e Ciencia  coa premio Nobel de Física 2023,  Anne L’Huillier, á que definiu como unha gran referente que inspira as novas xeracións de científicas.

Fabiola García agradeceu a Anne L’Huillier a súa presenza no pleno da Unidade Muller e Ciencia, un organismo que busca precisamente dar visibilidade ao talento feminino na ciencia e ás referentes. Así, explicou que a presenza da científica franco-sueca é un aliciente para seguir demostrándolle ás novas xeracións que o xénero non é unha barreira para acadar o éxito.