Nova
A Xunta sitúa o centro San Aníbal como un referente da protección da infancia e adolescencia na provincia de Lugo
Jacobo Rey puxo en valor a traxectoria da entidade Rogacionistas e destacou o seu compromiso cun modelo de atención integrador e inclusivo
Burela (Lugo), 12 de setembro de 2026
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, asistiu esta mañá en Burela á celebración do 25º aniversario do centro San Aníbal da entidade Rogacionistas, un exemplo de traballo e dedicación que os sitúa como unha referencia da protección da infancia e da adolescencia na provincia de Lugo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar.
Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.