Inicio > Consellería > Normativa > Orde que regula a oferta de prazas xuvenís do programa Campaña Verán-2008 e procede a súa convocatoria

Orde que regula a oferta de prazas xuvenís do programa Campaña Verán-2008 e procede a súa convocatoria

Estado: Vixente
Orixe: Lexislación autonómica
Observacións:
A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, leva a cabo a promoción e organización de actividades de animación sociocultural destinadas á xuventude no ámbito do ocio e o tempo libre.

A oferta da Campaña Verán-2008 comprende, ademais daquelas que se desenvolven na Comunidade Autónoma galega, actividades de ámbito nacional, que teñen lugar noutras comunidades autónomas de España.

A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, pretende desta forma atender a demanda individual, cada día máis crecente, de mozos e mozas no eido do ocio e o tempo libre.