Inicio > Áreas > Maiores e dependencia > Servizo de proximidade

Servizo de proximidade

Centros de Día

Este recurso social é o mellor marco para a práctica terapéutica coas persoas potencialmente usuarias e para o apoio ás familias coidadoras, promovendo a máxima que orienta todas as políticas sociais actuais neste sector, a do mantemento das persoas maiores no seu contorno.

A comunidade profesional no eido da xerontoloxía evidencia a imperiosa necesidade da implantación dun recurso cuantitativa e cualitativamente inexistente na realidade Galega: os Centros de Día para persoas maiores con dependencia ou en grave risco de padecela.

A nosa realidade sociodemográfica lévanos a debuxar un marco de atención centrado, aínda que non en exclusividade, no medio rural galego, onde a prevalencia de persoas maiores é máis sobresaínte e a inexistencia de recursos especializados notoria.

Os Centros de Día defínense como centros xerontolóxicos socio-terapeúticos e de apoio ás familias que durante o día prestan atención terapéutica integral e plural ás persoas maiores con dependencia ou en grave risco de padecela, promovendo a súa autonomía persoal, a actividade relacional e a permanencia no contorno habitual.

Solicitud de ingreso en plazas residenciales para personas con autonomía

Fogares residenciais

As especiais necesidades das persoas maiores que padecen algún tipo de dependencia fan que, en moitas ocasións, a permanencia no seu domicilio familiar cunha calidade de atención óptima non sexa factible. É por iso polo que é urxente habilitar equipamentos para a estancia contínua e permanente das persoas que precisan deles.

Dentro de esta tipoloxía de centros e tal como se establece na recementemente publicada Orde do 13 de Abril de 2007, os fogares residenciais son equipamentos cun máximo de 24 prazas que proporcionan con carácter permanente unha atención integral nun ambiente personalizado aos maiores que no momento do seu ingreso presentan unha situación de dependencia leve ou moderada.

Polas suas dimensións e capacidade estes equipamentos enmárcanse dentro da rede de servicios sociais como recursos de proximidade, posto que os potenciais usuarios permanecen nun entorno cercano ao propio

Viviendas tuteladas

Este sistema de aloxamento pretende potenciar a autonomía e privacidade dos usuarios garantíndolles ó mesmo tempo a seguridade e seguemento periódico da súa situación.

Un dos obxectivos fundamentais das actuacións do Consorcio céntrase na atención integral ás persoas que se atopan en situación de dependencia e, ademais, a aquelas que potencialmente se poden atopar en serio risco de padecela.

Este recurso está dirixido a persoas cun alto grao de independencia. Segundo a Orde do 18 de Abril de 1996, os apartamentos tutelados defínense como vivendas independentes, agrupadas para a prestación en común de servizos colectivos, e con capacidade para albergar a unha ou a dúas persoas cun alto grao de autovalemento.

Xantar na casa

Para facilitar a permanencia das persoas maiores con algún tipo de dependencia no seu propio domicilio, ponse a disposición das mesmas a comida sobre rodas, un recurso que amplía o servizo de axuda domiciliaria e permite garantír un control dietético axeitado adaptado as necesidades e ao estado nutricional das persoas usuarias.

 

Prazas residenciais

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar amplía as súas prazas de estancia continuada dos fogares residenciais con prazas en centros con máis capacidade e cun ámbito de actuación comarcal, coa fin de cubrir a demanda de aquelas persoas que por causas físicas, cognitivas, sociais e/ou familiares non poden permanecer no seu domicilio habitual.