Inmigración

A política da Xunta de Galicia en materia de inmigración desenvólvea a Dirección Xeral de Inclusión Social, a través do Servizo de Atención ás Persoas Inmigrantes, que ten encomendadas, entre outras, as seguintes funcións:

  • Propoñer, xestionar e avaliar os programas e axudas de inclusión activa e integración sociolaboral das persoas inmigrantes.
  • Coordinar a rede de información ás persoas inmigrantes das distintas administracións e entidades colaboradoras.
  • Coordinar a acollida e integración das persoas refuxiadas en Galicia.
  • Informar, asesorar e difundir as actuacións en materia de inmigración.
  • Elaborar as estatísticas da área.
  • Xestionar as partidas orzamentarias.
  • Xestionar os programas financiados pola Unión Europea e de cooperación transfronteiriza.
Informe sobre o esforzo de integración

Emisión, por parte da Xunta de Galicia, dos informes de esforzo de integración das persoas estranxeiras residentes na comunidade, que poden ser valorados nos procedementos de renovación das autorizacións de residencia. 

Para a súa elaboración téñense en conta, entre outros aspectos, a participación en accións formativas sobre os valores constitucionais e estatutarios, os dereitos humanos, as liberdades públicas, a democracia, a tolerancia, a igualdade entre mulleres e homes e a aprendizaxe das linguas oficiais de Galicia. 

A normativa tamén regula o procedemento de emisión destes informes e determina o contido mínimo da formación e as entidades habilitadas para impartila.

Subvencións a corporacións locais

Apoio económico ás corporacións locais para o desenvolvemento de programas de emerxencia e inclusión social, incluídos programas específicos dirixidos á atención e á inclusión da poboación inmigrante.

Subvencións a entidades de iniciativa social

Apoio económico a entidades de iniciativa social que desenvolven programas no ámbito dos servizos sociais comunitarios e da inclusión social, especialmente aqueles orientados á inclusión sociolaboral da poboación inmigrante.

Servizo de atención a víctimas de discriminación racial ou étnica

Se cres que fuches vítima dunha discriminación e tes dúbidas sobre que deberías facer, ponte en contacto co Servizo de asistencia ás vítimas de discriminación racial ou étnica do Goberno de España.

Chama ao número de teléfono: 021

En España, o ordenamento xurídico protexe as persoas que son discriminadas pola súa orixe racial ou étnica. 

Máis información

Na web do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións pode consultarse a actualidade, programas, estatísticas e normativa en materia de inmigración en España.

Normativa