Inicio > Áreas > Discapacidade > Accesibilidade

Accesibilidade

Comisión Técnica de Accesibilidade

A Comisión Técnica de Accesibilidade ten por obxectivo impulsar o cumprimento da normativa sobre promoción de accesibilidade e eliminación de barreiras da Comunidade Autónoma e tamén resolver as dúbidas que poidan xurdir sobre a interpretación de calquera aspecto da normativa na súa aplicación práctica, emitindo ditames ao respecto.

Así mesmo, a Comisión (CTA) é o órgano competente para a tramitación dos expedientes sancionadores e fai as propostas de resolución de sancións aos órganos colexiados competentes, tal e como establece o artigo 70, da Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade.

Consultas sobre accesibilidade

 Para solicitar información, consultar dúbidas ou presentar denuncias, calquera persoa, entidade, institución ou asociación representativa dos colectivos de afectados, pode dirixirse a:

Comisión Técnica de Accesibilidade

Xunta de Galicia
Edificio Administrativo San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (A Coruña)
Correo electrónico: comisionaccesibilidade.politicasocial@xunta.es

Normativa sobre Accesibilidade e eliminación barreiras

Autonómica

  1. Ley 10/2014, del 3 de diciembre, de accesibilidad de Galicia que sustituirá a la vigente Ley 8/1997, del 20 de agosto. La entrada en vigor de la nueva ley y a los 3 meses de su publicación en el Diario Oficial de Galicia, esto es el 17 de marzo de 2015.
  2. Lei 8/1997, de 20 de agosto, de accesibilidade e eliminación de barreiras  na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG nº 166, do 29 de agosto) Non está en vigor o seu anexo.   Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e eliminación de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 41, do 29 de febreiro).
  3. Lei 10/2003, do 26 de decembro, sobre o acceso ao contorno das persoas con discapacidade acompañadas de cans de asistencia (DOG nº 253, do 31 de decembro).

Estatal

  1. Lei 26/2011, de 1 de agosto, sobre adaptación normativa á Convención Internacional sobre os dereitos das persoas con discapacidade (BOE nº 184 do 2 de agosto).
  2. Real Decreto 1276/2011, de 16 de setembro, de adaptación normativa á Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade (BOE nº 224 do 17 de setembro).
  3. Lei 51/2003, do 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade (BOE nº 289 do 3 de decembro).
  4. Lei 13/1982, do 7 de abril, de integración social de minusválidos (BOE nº 103, de 30 de abril). Título IX. Sección 1ª.
  5.  Real Decreto 1971/1999, de 23 de decembro, de procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de minusvalidez (BOE nº 22 do 26 de xaneiro).
  6. Lei 49/1960 de propiedade horizontal (BOE Nº 176 do 23 de xullo).
  7. Lei 15/1995, de 30 de maio, sobre límites de dominio sobre inmobles para eliminar barreiras arquitectónicas  ás persoas con discapacidade (BOE nº 129 do 31 de maio).
  8. Lei 27/2007, do 23 de outubro, pola que se recoñecen  linguas de signos e se regulan os medios de apoio á comunicación oral das persoas xordas, con discapacidade auditiva  e xordocegas (BOE nº 255 do 24 de outubro).
  9. Lei orgánica 9/2007 de 8 de outubro, de modificación da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, de réxime electoral xeral (BOE nº 242, do 29 de outubro).
  10. Real Decreto 1612/2007, de 7 de decembro, polo que se regula un procedemento de voto accesible, que facilita ás persoas con discapacidade visual o exercicio do dereito ao sufraxio (BOE nº 294 do 08 de decembro).
  11. Real Decreto 505/2007, do 20 de abril, pola que se aproban as condicións básicas de accesibilidade  e non discriminación das persoas con discapacidade para o acceso e utilización dos espazos públicos urbanizados e edificacións (BOE nº 113 do 11 de maio).
  12. Real Decreto 366/2007, do 16 de marzo, polo que se establecen as condicións de accesibilidade e non discriminación das persoas con discapacidade nas súas relacións  coa administración xeral do estado(BOE nº 72 do 24 de marzo).
  13. Real Decreto 1417/2006, de 1 de decembro,  polo que se establece o sistema arbitral para a resolución de queixas e reclamacións en materia de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade por razón da discapacidade (BOE nº 297 do 13 de decembro).
  14. Real Decreto 1494/2007, do 12 de novembro, polo que se aproba o regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás novas tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social. (BOE nº 279 do 21 de novembro).
  15. Real Decreto 1544/2007, do 23 de novembro, polo que se regulan as condicións básicas de accesibilidade e non discriminación para o acceso  e utilización dos modos de transporte para persoas con discapacidade (BOE nº 290 do 4 de decembro).
  16. Lei 49/2007, de 26 de decembro, polo que se estable o réxime de infraccións e sancións en materia de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade (BOE nº 310 do 27 de decembro).
  17.  Real Decreto 173/2010, de 19 de febreiro, polo que modifica o Código Técnico da Edificación, aprobado polo Decreto 314/2006, de 17 de marzo, en materia de accesibilidade e non discriminación das persoas con discapacidade (BOE nº 61 do 11 de marzo).
  18. Orde VIV/561/2010, de 1 de febreiro, pola que se desenvolve o documento técnico de condicións básicas de accesibilidade e non discriminación para o acceso e utilización dos espazos públicos urbanizados (BOE nº 61 do 11 de marzo).
  19. Real Decreto 1364/2012, de 27 de setembro, polo que se modifica o Real Decreto 1971/1999, de 23 de decembro, de procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade (BOE nº 245 do 11 de outubro).
Normativa relacionada, sobre accesibilidade  e eliminación barreiras

Autonómica

  1. Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, de 14 de xullo). Artigo 4.
  2. Decreto Lexislativo 1/2008, de 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da Función pública de Galicia (DOG Nº 114, de 13 de xuño). Disposición adicional sétima.

Estatal

  1. Real Decreto lexislativo 2/2004, do 5 marzo, polo que se aproba o texto refundido de Facendas Locais  (BOE nº 59 do 9 marzo). Artigos 93.1e), artigo 93.2 e art. 103.2 e).
  2. Lei 38/1999, do 5 de novembro, de ordenación da edificación (BOE nº 266 do 6 de novembro) .
  3. Lei 34/2002, do 11 de xullo , de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico (BOE nº 166, do 12 de xullo) . Disposición adicional quinta
  4. Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, pola que se modifica a Lei orgánica 6/2011, do 21 de decembro, de Universidades (BOE 13 de abril). Disposición adicional vixésimo cuarta.
  5. Real decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de contratos do sector público (BOE nº 276 do 16 de novembro).
  6. Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público. (BOE Nº 89 de 13 de abril). Artigo 59.
Outros documentos

Convención 61/106 do 13 de decembro de 2006 da Asemblea Xeral das nación Unidas sobre dereitos das Persoas con  Discapacidade (artigo 9). Instrumento de ratificación de la Jefatura del Estado, publicado en el Boletín Oficial del Estado de 21 de abril de 2008, y entró en vigor el 3 de mayo de este mismo año.

Normativa sobre promoción da autonomía persoal e atención á dependencia

Autonómica

  1. Orde do 17 de decembro de 2007 pola que se establecen os criterios para a elaboración do programa individual de atención, fixación das intensidades de protección dos servizos, réxime de compatibilidades das prestacións e xestión das prestacións económicas do sistema de autonomía e atención á dependencia na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 246 do 21 de decembro).
  2. Decreto 15/2010, de 4 de febreiro, por el que se regula o  procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións  do SAAD, o procedemento para a elaboración do PIA, e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (BOE nº 34 do 19 febreiro).
  3. Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010 por el que se regula o  procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións  do SAAD, o procedemento para a elaboración do PIA, e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 9 do 13 de xaneiro).
  4. Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo  de axuda no fogar (DOG nº 22 do 2 de febreiro).
  5. Decreto 195/2007, do 13 de setembro, polo que se regula o Servizo de Apoio á Mobilidade Persoal para persoas con discapacidade e/ou dependentes (DOG nº 202 do 18 de outubro) .
  6. Orde do 9 de setembro de 2008 pola que se desenvolve o Decreto 195/2007, do 13 de outubro, polo que se regula o Servizo de Apoio á Mobilidade Persoal para persoas con discapacidade e/ou dependentes , e se aproba o Catálogo de prestacións do servizo (DOG nº 179 do 16 de setembro).
  7. Orde do 29 de decembro de 2000 pola que se regula o procedemento, declaración e cualificación do grao de minusvalidez (DOG nº 16 do 23 de xaneiro).

Estatal

  1. Lei 39/2006, do 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e atención ás Persoas en situación de Dependencia (BOE nº 299, do 15 de decembro).
  2. Real Decreto 504/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o baremo de valoración da situación de dependencia establecido na Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da Autonomía Persoal e atención ás Persoas en situación de Dependencia (BOE núm. 96 do 21 de abril). Vixente ata  febreiro de 2012.
  3. Real decreto 174/2011, de 11 de febreiro, polo que se aproba o baremo de valoración da situación de dependencia establecido na Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da Autonomía Persoal e atención ás Persoas en situación de Dependencia (BOE nº 42 do 18 de febreiro).
  4. Real Decreto 614/2007, do 11 de maio, sobre nivel mínimo de protección do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia garantido pola Administración Xeral do Estado (BOE núm. 114, do 12 de maio), modificado R.D. 99/2009, de 6 de febreiro.
  5. Real Decreto 727/2007, do 11 de maio, sobre criterios para  para determinar las intensidades de protección  dos servizos  e a contía das prestacións económicas  da Lei 39/2006, do 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e atención ás Persoas en situación de Dependencia (BOE nº 138 do 9 de xuño), modificado polo Real Decreto 175/2011, do 11 de febreiro  (BOE nº 42 do 18 de febreiro), e polo Real Decreto 570/2011 (BOE nº 112 do 11 de maio).
  6. Real Decreto 615/2007, do 11 de maio, polo que se  regula a Seguridade Social dos coidadores das persoas en situación de dependencia (BOE nº 114 do 12 de maio), modificado polo Real Decreto 175/2011, do 11 de febreiro  (BOE nº 42 do 18 de febreiro), e polo Real Decreto 570/2011 (BOE nº 112 do 11 de maio).
  7. Real decreto 569/2011, do 20 de abril, polo que se determina o nivel mínimo de protección garantido ás persoas beneficiarias do SAAD para o exercicio 2011 (BOE nº 112 do 11 de maio).
  8. Real Decreto-lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade (BOE nº 168 do 14 de xullo) Título III.
Código de accesibilidade

O libro Código de accesibilidade recolle un conxunto de fichas xustificativas do cumprimento dos criterios establecidos na normativa galega para a supresión de barreiras nos espazos urbanos, nos edificios de uso público e residencial, así como nos medios de transporte e no eido da comunicación. O libro inclúe a normativa vixente na materia.

O Código de accesibilidade representa unha ferramenta útil para profesionais, especialmente arquitectos, enxeñeiros, arquitectos técnicos, traballadores sociais, etc., así como para promotores de proxectos e para os propios concellos e institucións públicas. Os axentes de calquera proxecto, teñen facilitado así o seu traballo no eido de verificar se este se axusta ao que prevé a lexislación en canto a accesibilidade.
Esta publicación pretende contribuír non somentes a "conseguir o estrito cumprimento da normativa", senón tamén "a incorporación da accesibilidade en todas as políticas, plans e actuacións de forma transversal, superando as ópticas exclusivamente sectoriais", co obxectivo de "incorporar ao máximo os principios do deseño para todos".