Inicio > Recursos > Publicacións > Nutriage: Manual de identidade corporativa

Nutriage: Manual de identidade corporativa

Categoria:

Nutriage: Manual de identidade corporativa
Resumen: 
Vén de publicarse o Manual de identidade corporativa de Nutriage, proxecto que nace co obxectivo de asegurar o envellecemento saudable da poboación a través dunha alimentación baseada na dieta atlántica. Nutriage: Manual de identidade corporativa / Danagroup. – Santiago de Compostela: Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, 2017, 22 p. O proxecto Nutriage nace para levar cabo unha serie de iniciativas destinadas a combater retos territoriais e aproveitar as oportunidades que a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal ofrece.  Este proxecto está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (Poctep) 2014-2020. No marco do Programa Interreg España-Portugal 2014-2020, o proxecto pretende asegurar o envellecemento saudable da poboación a través da avaliación, estudo e deseño de estratexias nutricionais personalizadas, fundamentadas sobre a alimentación tradicional atlántica e o desenvolvemento de novos produtos alimenticios que optimicen o estado nutricional e cognitivo das persoas maiores xerando capacidades en I+D+i que favorezan a mellora na calidade de vida, reforcen a sustentabilidade e a eficiencia do sistema sociosanitario e incentiven o crecemento e a xeración de novas oportunidades de negocio para a industria agroalimentaria. A marca gráfica é o elemento máis importante da identidade visual de Nutriage. Esta identidade visual foi deseñada para proporcionar á marca unha potente e memorable imaxe e para permitir unha doada combinación, para os casos en que esta teña que convivir con outras. Xa que se trata dun proxecto de envellecemento saudable a través da alimentación baseada na “dieta atlántica”, utilízase a combinación de cores azul/verde, evocadores do océano, a natureza e o natural, Galicia, Portugal e, en definitiva, a combinación de paisaxes verdes e azuis características da nosa zona. Nas seguintes páxinas descríbense algunhas regras sinxelas para a correcta aplicación da marca nos seus usos máis comúns. É importante a correcta aplicación destas regras para asegurar a supervivencia da identidade visual do proxecto ao longo do tempo.

Área temática: