Programa de Acollemento Familiar para persoas con discapacidade
PROGRAMA DE ACOLLEMENTO FAMILIAR DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE
Normativa:
- Decreto 318/2003, do 26 de xuño, polo que se regula o programa de acollemento familiar para persoas maiores e persoas con discapacidade.(DOG nº 145 do 29/07/03)
- Orde do 8 de xaneiro do 2004 pola que se convocan axudas económicas para o acollemento familiar de persoas maiores e persoas con discapacidade.(DOG nº 15 do 23/01/04)
Obxecto:
Axudas económicas para persoas con discapacidade que desexen acollerse ao programa de Acollemento Familiar. A finalidade deste programa é procurar o mantemento da persoa con discapacidade na súa contorna habitual facilitando así a súa integración e evitando o internamento en centros cando este non sexa axeitado ou desexado.
Requisitos do/da solicitante:
- Ser español ou cidadán dalgún dos estados membros da Unión Europea, e estar empadroado e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da CA de Galicia.
- Non ter relación de parentesco en liña recta en ningún grao ou en liña colateral por consanguinidade ata o terceiro grao con ningún membro da familia acolledora
No caso de que o acollido sexa unha persoa dependente, poderá formalizarse o acollemento en liña recta por afinidade, salvo que na unidade de acollida existan outros familiares do acollido en liña recta consanguínea que sexan maiores de idade e estean obrigados legalmente a prestarlles alimentos. - Ser maior de idade.
- Ter un grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ó 65%.
Requisitos da familia acolledora:
- Ser español ou cidadán dalgún dos estados membros da Unión Europea, e estar empadroado e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da CA de Galicia.
- Que polo menos un dos acolledores sexa maior de idade e non supere os 65 anos no momento de formular a solicitude, goce de boa saúde e non padeza de limitacións físicas ou mentais que lle impidan atender as tarefas domésticas normais.
- Ausencia de ánimo de lucro no que respecta ao programa de acollemento
- Cada familia non poderá acoller a máis de dous beneficiarios.
- Non poderá existir con anterioridade ó acollemento testamento ou transmisións de bens ou dereitos a título gratuíto feitos ao seu favor por parte da persoa acollida.
- Non ter a condición de titor legal da persoa acollida
Requisitos da vivenda:
O acollemento poderá levarse a cabo tanto na vivenda do acolledor como na do acollido. En ámbolos dous casos acolledor e acollido deberán convivir na mesma vivenda, que deberá:
- Ter fácil acceso.
- Estar dotada de suficientes condicións hixiénicas e de salubridade.
- Carecer de barreiras que impidan o acceso e normal desenvolvemento da vida diaria da persoa acollida de acordo coas súas características persoais.
Contía das axudas: O importe máximo subvencionable será:
|
Se o acollemento se leva a cabo na vivenda do acolledor |
Se o acollemento se leva a cabo na vivenda do acollido (40% menos) |
Grao de discapacidade igual ou superior ao 65% que non lles impidan realizar as actividades de vida diaria |
421 €/mes |
252,60 €/mes |
Grao de discapacidade igual ou superior ao 75% con necesidade de axuda de 3ª persoa. |
700 €/mes |
420 €/mes |
A contía máxima mensual subvencionable será a diferencia resultante entre os importes máximos establecidos e a achega do beneficiario (60% dos seus ingresos mensuais líquidos, excluídas as pagas extraordinarias das pensións
VÍDEOS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE AUDITIVA.
Para máis información e presentación de solicitude pode dirixirse os servizos sociais do concello de residencia ou do seu centro de saude, estando aberto o prazo durante todo o ano.
INFORMACIÓN GRATUITA NO TELÉFONO SOCIAL 900 333 666