Inicio > Recursos > Axudas > ORDE do 29 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento de concesión dunha axuda económica ás persoas beneficiarias do réxime de protección temporal afectadas polo conflito en Ucraína que carezan de recursos económicos suficientes, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia non competitiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento BS631E).

ORDE do 29 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento de concesión dunha axuda económica ás persoas beneficiarias do réxime de protección temporal afectadas polo conflito en Ucraína que carezan de recursos económicos suficientes, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia non competitiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento BS631E).

Data de inicio: 
06/01/2023
Fin del plazo de la solicitud: 
06/02/2023

O obxecto desta convocatoria de subvencións é a concesión dunha axuda económica, durante seis meses consecutivos, ás persoas beneficiarias do réxime de protección temporal afectadas polo conflito en Ucraína que carezan de recursos económicos suficientes.

Normativa

ORDE do 29 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento de concesión dunha axuda económica ás persoas beneficiarias do réxime de protección temporal afectadas polo conflito en Ucraína que carezan de recursos económicos suficientes, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia non competitiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento BS631E)

(DOG do 5 de xaneiro de 2023)

Real decreto 673/2022, do 1 de agosto, polo que se regula a concesión directa de subvencións ás comunidades autónomas para financiar a prestación dunha axuda económica directa ás persoas beneficiarias do réxime de protección temporal afectadas polo conflito en Ucraína que carezan de recursos económicos suficientes (BOE nº 184 do 2 de agosto de 2022)

Requisitos

Poderán ser beneficiarias desta axuda as persoas beneficiarias do réxime de protección temporal afectadas polo conflito en Ucraína que carezan de recursos económicos suficientes, e que cumpran os seguintes requisitos:

  1. Que estean en posesión do estatuto de protección temporal.
  2. Que figuren como empadroadas nalgún concello de Galicia.
  3. Que acrediten a carencia de recursos económicos, nos termos do Real decreto 220/2022, de 29 de marzo, polo que se aproba o Regulamento polo que se regula o sistema de acollida en materia de protección internacional (isto é, cando a persoa destinataria dispón de ingresos e rendas mensuais que non superan a contía mensual individual da renda garantida prevista na Lei 19/2021, de 20 de decembro, pola que se establece o Ingreso Mínimo Vital).
  4. Que no momento de presentar a solicitude a persoa beneficiaria non ocupe praza nen obteña recursos ou medios do dispositivo de emerxencia da Secretaría de Estado de Migracións para atender a persoas desprazadas nin de ningún dos programas que forman parte do itinerario de acollida.

Contía da axuda

A contía da axuda ascenderá a 400 euros ao mes por persoa adulta, máis 100 euros por persoa menor de idade a cargo.

No caso de existir máis dunha persoa responsable do menor, soamente unha delas poderá percibir a contía adicional por menores de idade a cargo.

A axuda aboarase mensualmente durante seis meses.

Presentación de solicitudes

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Opcionalmente poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común (principalmente rexistros de calquera administración pública e oficinas de correos).

De ser o caso, para acreditar o vínculo da persoa destinataria coa persoa menor de idade a cargo, deberase achegar xunto coa solicitude copia da resolución pola que se concede o réxime de protección temporal de maneira conxunta, e empadroamento conxunto coa persoa menor de idade.

O prazo de presentación das solicitudes será dende o 06/01/2023 ata o 06/02/2023.

Tramitación

A concesión destas axudas tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva, ata esgotar o crédito dispoñible previsto na convocatoria.

Contacto

Servizo de Atención ás Persoas Inmigrantes: 981 545 615 / 981 544 653

emerxencia.ucraina@xunta.gal

Documentos relacionados