Novas

16/10/2025

Fabiola García pon en valor a transformación do sector de coidados impulsada pola Xunta e centrada na sinerxia entre o ámbito sanitario e o social

A conselleira destaca que o obxectivo do Goberno galego “é pasar dun modelo reactivo a un proactivo, evolucionando do paradigma do paciente ao do cidadán”

16/10/2025

Galicia reduce os tempos de tramitación da dependencia e da discapacidade mentres que aumenta a media nacional

Os tempos de espera na comunidade reducíronse un 10% no que levamos de exercicio fronte a subida do 4,5% da media estatal

16/10/2025

A Xunta presenta unha guía que reforza a perspectiva de xénero na atención primaria e ten en conta as distintas etapas das mulleres para mellorar a súa saúde

Gómez Caamaño precisa que as diferenzas de saúde entre mulleres e homes non se explican só por trazos biolóxicos, tamén por factores socioculturais ou roles

15/10/2025

A Xunta aposta por seguir apoiando o emprendemento feminino como piar dun rural vivo e de oportunidades

A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, explicou que a Administración autonómica impulsa proxectos liderados por mulleres no rural a través da convocatoria Emega

15/10/2025

A Xunta apoia as iniciativas que combaten o idadismo e promoven a cultura do respecto e o coidado polas persoas maiores

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo,  lembrou que o Goberno galego elaborou de xeito pioneiro as Estratexias galegas contra o Idadismo e a Soidade non Desexada