Novas

09/05/2025
A Xunta invita a establecementos hoteleiros e de restauración a sumarse ao Carné+65 ofrecendo vantaxes ás persoas maioresFabiola García fixo entrega ao Hotel Boutique 1930 do distintivo que o acredita como adherido a este carné e grazas ao que ofrecerá un 10% de desconto

09/05/2025
Fabiola García garante o seu apoio a Aspamite para seguir traballando polas persoas con discapacidadeA conselleira visita os centros de día e ocupacional que a entidade social ten en Teo e nos que a Xunta financia 24 prazas con 330.000 euros ao ano

09/05/2025
A Xunta critica un novo recorte do goberno central en políticas de igualdade ao reducir os fondos do Plan CorresponsablesGalicia deixará de recibir 2,3 millóns de euros xa este ano para financiar actividades e recursos de conciliación de concellos, asociacións de pais e nais e entidades sociais

09/05/2025
A Xunta avalía coas entidades sociais novas vías de colaboración para mellorar a integración sociolaboral das persoas migrantesO director xeral de Inclusión Social e a directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego deron conta das iniciativas do Executivo galego para mellorar a empregabilidade das persoas en risco de exclusión
