Novas

20/06/2025

A Xunta destinou máis de 940.000 € aos 17 CIMS da provincia de Ourense para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero

Manuel Pardo puxo en valor a convocatoria correspondente a 2025 da Consellería de Política Social e Igualdade, cun orzamento de 5 millóns de euros para financiar gastos de persoal, o que supón incremento do 13,6 % con respecto ao 2024

20/06/2025

A Xunta e a Fundación María José Jove impulsan un programa formativo específico para favorecer a inserción laboral das mulleres do rural

O director xeral de Inclusión Social destacou que o Executivo galego destina máis de 34.000 euros en axudas do IRPF para a execución desta iniciativa

19/06/2025

A Xunta márcase como obxectivo que Galicia manteña por terceiro ano consecutivo o liderado de escolarización na etapa 0-3 de educación infantil

O programa de gratuidade impulsado polo Goberno galego sitúa a taxa de escolaridade neste ciclo no 60,6%, case 13 puntos por riba da media española e superando xa os obxectivos marcados por Europa para 2030

19/06/2025

Fabiola García esixe ao Goberno que asuma o 50% do financiamento da atención á dependencia e que dea o mesmo trato a Galicia que ao País Vasco

Lembra que “lonxe de aumentar, a achega estatal baixa en Galicia”, pasando de asumir o 40% do financiamento en 2023 a reducilo ao 34,9% en 2024