Nova
A Xunta destina 145.000 euros ao concello de Sarria para colaborar no mantemento e funcionamento do centro residencial Nosa Señora do Carme
Fabiola García explica que, grazas a este acordo, o Goberno galego apoiará ao municipio no financiamento parcial dos gastos de persoal desta residencia
Santiago de Compostela, 3 de agosto do 2026
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, asinou esta mañá co alcalde de Sarria, Claudio Garrido, un convenio de colaboración para colaborar no mantemento e funcionamento da residencia de maiores Nosa Señora do Carme. En virtude deste acordo, o Goberno galego investirá 145.000 neste centro residencial, que conta con 91 prazas.
Na sinatura tamén estiveron presentes o director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, e os concelleiros Carmen José López e Félix Seijas. Durante a mesma, a conselleira explicou que, grazas a este convenio, a Xunta colaborará co Concello no financiamento parcial dos gastos de persoal do centro.
Fabiola García puxo en valor a colaboración da Xunta cos municipios para garantir a atención ás persoas maiores, xa sexa nos seus domicilios, como a través do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), ou a través do apoio aos centros de atención diúrna ou residencial.