Nova

A Xunta apoia o enfoque integrador da primeira ‘Xira Down’, que se celebra hoxe en Ribadeo


Ribadeo (Lugo), 1 de agosto de 2026

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, e a directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participaron  hoxe en Ribadeo na I Xira Down, organizada polo Concello e a asociación Down Lugo co apoio do Goberno galego. A comida popular celebrouse no miradoiro de Santa Cruz e estivo amenizada con música tradicional, obradoiros e xogos.

Os representantes autonómicos destacaron o enfoque integrador da proposta. Ao respecto, sinalaron que enriquece o Día da gaita e a Romaría da Santa Cruz -festa de Interese Turístico de Galicia que tamén se celebra esta fin de semana no municipio-, convocando a toda a veciñanza a esta cita previa que pon o foco na  participación activa das persoas con síndrome de Down.