Nova

A Xunta apoia o obxectivo do Porco Pride Espasante de visibilizar a diversidade Lgtbi no rural galego

A directora xeral de Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto, asistiu á lectura do manifesto do evento, que combina sensibilización, divulgación e festividade


Ortigueira (A Coruña), 18 de xullo de 2026

A directora xeral de Promoción de Igualdade, Eloína Ingerto, asistiu esta tarde á lectura do manifesto do Porco Pride Espasante, un evento que alcanza a súa cuarta edición co obxectivo de apoiar e  visibilizar o colectivo Lgtbi no rural galego.

Eloína Ingerto incidiu na necesidade da sensibilización para acadar unha Galicia igualitaria na que a diversidade sexual sexa un trazo máis da sociedade. Neste sentido, valorou iniciativas como o Porco Pride, que combina concienciación, divulgación e festividade. 

A Xunta de Galicia, lembrou, mantén o seu compromiso de seguir traballando na visibilización dos dereitos das persoas Lgtbi, especialmente nas contornas rurais, a través da colaboración cos axentes sociais. Sempre coa promoción da igualdade e da diversidade sexual como plan de actuación.