Nova

A Xunta consolida o seu apoio a igualdade de oportunidades entre menores que fomenta a Fundación Juan Soñador

Jacobo Rey destacou o compromiso do Executivo galego para seguir a ser un referente na atención á infancia e á adolescencia, especialmente a máis vulnerable


Allariz (Ourense), 14 de xullo de 2026

 O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou esta mañá nun encontro cos nenos e nenas participantes no campamento de verán da Fundación Juan Soñador en Allariz, onde reafirmou o compromiso da Xunta con esta entidade social decidida a fomentar a igualdade de oportunidades entre todos os menores.

O Executivo autonómico, lembrou, leva máis de dez anos colaborando coa institución, que desenvolve un programa socioeducativo, de ocio e tempo libre e de atención integral a nenos, nenas e adolescentes en situación de risco, desamparo ou exclusión social.

O compromiso da Xunta, apuntou Jacobo Rey, é traballar para que Galicia siga a ser un referente na atención á infancia, poñendo a disposición das familias recursos e servizos fundamentais. E de forma especial, para mellorar a situación da mocidade máis vulnerable.