Nova

Fabiola García visita os usuarios da residencia de maiores pública autonómica da Pobra do Caramiñal


A Pobra do Caramiñal (A Coruña), 4 de xullo de 2026

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou esta mañá os usuarios da residencia pública autonómica da Pobra do Caramiñal e lembrou o compromiso da Xunta coa mellora na atención a todos os maiores. Neste sentido, fixo referencia ao modelo de coidados galego que lles ofrece a posibilidade de escoller onde e como ser coidados, para o que é esencial unha importante rede de servizos e recursos.

No caso da Pobra do Carmiñal, destacou que o Goberno galego destinou máis de 740.000 euros á remodelación íntegra deste centro, que incluíu as zonas comúns interiores e a fachada. Trátase, recordou, dun recurso que conta con preto de medio centenar de prazas.