Nova

A Xunta colabora coa Universidade da Coruña para reforzar a atención temperá en Galicia

As familias galegas contan con máis de 50 centros na comunidade nos que recibir asesoramento e terapias para os seus fillos

O Goberno autonómico lanza unha nova convocatoria de axudas de 18,4 millóns de euros para crear oito unidades de atención temperá máis


A Coruña, 3 de xullo de 2026

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participou esta mañá no acto de apertura das II Xornadas de Desenvolvemento Infantil e Atención Temperá organizadas pola Universidade da Coruña (UDC), onde destacou o compromiso da Xunta coa atención especializada e próxima no desenvolvemento dos nenos.

Lembrou que a maioría das familias galegas contan cun centro de atención temperá próximo ao seu domicilio, no que recibir asesoramento e terapias para os seus fillos. Son máis de medio centenar os que están en funcionamento na comunidade, dando servizo a máis de 200 concellos e a máis de 6.000 familias.

Neste sentido, a directora xeral remarcou que o Goberno autonómico continuará ampliando a rede de atención temperá gracias a unha nova convocatoria de axudas aos concellos para crear oito novas unidades por todo o territorio. Un investimento de 18,4 millóns de euros que se executará entre este ano e 2028.

Ademais, destacou, a Administración galega colabora coa Asociación Galega de Atención Temperá e coa Universidade da Coruña na formación dos profesionais que darán servizo nas unidades de atención temperá.

A Xunta, concluíu Begoña Abeijón, seguirá a poñer a disposición das familias recursos que favorezan o desenvolvemento dos máis pequenos e permítanlles ter mellores oportunidades de futuro.