Nova
A Xunta reforza co sector Asociativa a visibilidade do talento feminino nas profesións máis masculinizadas
Eloína Ingerto puxo en valor a creación de espazos de traballo e diálogo que permitan avanzar en políticas públicas de promoción da igualdade
Vigo, 30 de xuño do 2026
A directora xeral de Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto, clausurou esta mañá a xornada Tecnolóxicas, organizada pola Asociación da Industrias do Metal e Tecnoloxía Asociadas de Galicia (Asime) coa colaboración da Xunta para dar visibilidade ao talento feminino nos sectores máis masculinizados. A través desta iniciativa búscase poñer voz ás referentes femininas das profesións industriais, técnicas, tecnolóxicas e científicas e achegar o seu labor ás xeracións novas.
Neste sentido, Eloína Ingerto puxo en valor a creación de espazos de diálogo e reflexión coma esta xornada que reúnen a profesionais de distintos sectores. Trátase, segundo recalcou a directora, dunha iniciativa esencial para seguir mellorando e implementando novas políticas públicas enfocadas a mellorar a inserción laboral das mulleres nos sectores máis masculinizados.
A directora xeral aproveitou a ocasión para explicar que a Xunta está impulsando da man do sector a primeira Estratexia de emprego feminino en sectores masculinizados, un eixo imprescindible, lembrou, para aumentar a presenza das mulleres nestes eidos.