Nova
Fabiola García destaca o carácter inclusivo do Camiño de Santiago na recepción á Asociación Os peregrinos de Marte
Santiago de Compostela, 30 de xuño do 2026
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, recibiu hoxe a un grupo de peregrinos formado por nenos con distintas discapacidades, familiares e voluntarios que chegaron á Praza do Obradoiro tras facer un treito do Camiño de Santiago co apoio da Asociación Os Peregrinos de Marte, entidade impulsada pola Asociación de Médicos Galegos (Asomega) e Discamino. Fabiola García felicitounos por demostrar que “a discapacidade non pode ser un obstáculo á hora de cumprir as nosas metas”.
A conselleira puxo en valor o feito de que o Camiño sexa unha das sinais de identidade de Galicia e tamén “un elemento de inclusión, de integración e de unión”. Ademais, apuntou que detrás de iniciativas como esta “hai un traballo diario de moitas familias e dun importante tecido asociativo que está sempre disposto a arrimar o ombro e estar ao carón de quen máis o necesita”.