Nova

A Xunta percorre coa Fundación Ingada un tramo do Camiño Inglés para sensibilizar sobre a diversidade


Ferrol, 27 de xuño de 2026

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, compartiron esta mañá coa Fundación Instituto Galego do TDAH e Trastornos Asociados (Ingada) a edición número doce do Camiño da Diversidade, que combina deporte, convivencia, cultura e inclusión social.

A xornada, na que os participantes percorreron o primeiro tramo do Camiño Inglés –de  Ferrol a Neda– foi definida polo director xeral como unha oportunidade de sensibilizar á sociedade acerca do respecto á diversidade e de reforzar a inclusión e a igualdade.