Nova

Fabiola García sinala que o modelo galego de coidados dá ás persoas maiores a liberdade de elixir onde e como pasar esta etapa das súas vidas


Santiago de Compostela, 19 de xuño do 2026

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, destacou a firme aposta da Xunta de Galicia pola atención á dependencia, o envellecemento activo e o fomento da participación das persoas maiores en todos os eidos da sociedade. Fíxoo esta tarde durante unha vista á residencia de maiores San Marcos, onde tivo ocasión de conversar cos usuarios e o persoal do centro.

Fabiola García defendeu o modelo de coidados Galicia Calidade que está a implantar o Executivo autonómico e que ten, entre os seus piares, poñer aos maiores no centro da atención e que estes teñan a liberdade de poder elixir como e onde queren vivir esta etapa das súas vidas. Con este obxectivo, a Xunta ofrece recursos tanto a aqueles que prefiren ser coidados na súas casas –que é a preferencia maioritaria– como aos que precisan de atención nun centro residencial.