Nova

Fabiola García participa na entrega de premios do Torneo social do Real Aeroclub Santiago


Ames (A Coruña), 19 de xuño do 2026

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, participou esta tarde no acto de entrega de premios do V Torneo Segundo Rey, organizado polo Real Aeroclub Santiago. Fabiola García destacou o compoñente social deste evento de carácter deportivo e lúdico, que se ten convertido nun punto de encontro entre amigos.

A conselleira puxo en valor a actividade do Real Aeroclub Santiago e a súa filosofía baseada en facer comunidade e en compartir valores como a familia, o equipo ou a importancia de reunirse. Neste sentido, lembrou que fai unhas semanas asistiu a unha xornada na cidade deportiva desta entidade aberta a usuarios de residencias de maiores, fomentando deste xeito a participación e o envellecemento activo.