Nova
A Xunta destaca o traballo do centro Juan María en apoio ás persoas con discapacidade
Nigrán (Pontevedra), 19 de xuño de 2026
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, e as directoras xerais de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández; de Formación Profesional, Eugenia Pérez, e de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, asistiron este venres á inauguración da cafetería Sin etiquetas, rexentada polo Centro Especial de Emprego Juan María, en A Ramallosa (Nigrán). Ana Ortiz destacou durante a súa intervención o traballo que realiza o centro en apoio ás persoas con discapacidade e salientou o compromiso incansable de familias, profesionais e voluntarios que lograron transformar vidas e promover unha sociedade máis xusta e igualitaria.