Nova

A Xunta participa na entrega de diplomas dos cursos do Centro Sociocultural Valladares


Vigo, 19 de xuño de 2026

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou hoxe na entrega de diplomas dos cursos de alfabetización dixital en galego e castelán impartidos polo Centro Sociocultural, Artístico e Recreativo de Valladares e destacou o compromiso da Xunta de Galicia coas medidas dirixidas a que as persoas en situación de exclusión saian adiante e gañen en autonomía.

O director xeral destacou que a Xunta apoia o labor desta asociación cunha achega económica destinada a desenvolver diferentes programas socioeducativos. Así mesmo, lembrou que o Goberno galego segue a colaborar co tecido asociativo da comunidade para impulsar iniciativas de atención ás persoas en situación de exclusión.