Nova
A Xunta acompaña a asociación de mulleres empresarias e profesionais de Ourense na súa nova etapa
Ourense, 18 de xuño de 2026
A directora xeral de Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto, acompañada do director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou esta tarde na presentación da nova etapa da Asociación de Mulleres Empresarias e Profesionais de Ourense (AME), onde manifestou o apoio da Xunta de Galicia ao impulso do emprendemento, o talento e o liderado femininos.
Unha mostra deste apoio é o programa Emega, que leva anos dando soporte a proxectos innovadores promovidos por mulleres, rompendo barreiras e facilitando a conciliación a través de axudas económicas, asesoramento, acompañamento e titorización