Nova

A Xunta apoia a declaración de tolerancia e respecto fronte ao discurso do odio e a aporofobia


Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2026

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou esta mañá na declaración Tolerancia e respecto. Fronte ao discurso do odio a aporofobia impulsada pola Rede Galega de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social (EAPN).

No acto, a entidade reafirmou o seu compromiso e mesmo o da sociedade civil galega cos principios da declaración institucional do Parlamento de Galicia, na que se afirma que as persoas non son culpables da súa pobreza, ninguén é culpable de seu sufrimento e ningunha persoa é inútil.