Nova

A Xunta agradece á Fundación Once as iniciativas para visibilizar ás persoas con xordocegueira


A Coruña, 16 de xuño do 2026

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participou esta mañá na sede da Fundación Once do cupón que conmemora o Día Internacional das Persoas Xordocegas, que se celebra o 27 de xuño. Con motivo deste acto, agradeceu á entidade o seu compromiso coa visibilización da xordocegueira e das discapacidades en xeral.

Begoña Abeijón tamén destacou o programa de mediación posto en marcha pola Fundación Once para facilitar o día a día das persoas con esta discapacidade e que financia a Xunta a través das axudas con cargo ao 0,7% do IRPF.  Ademais desta iniciativa, neste acto houbo exposicións e actividades para coñecer como é o día a día dunha persoa xordocega, a través do fortalecemento doutros sentidos.