Nova

A delegada da Xunta en Ferrol felicita á Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra no marco do Día Nacional das Linguas de Signos


Ferrol, 12 de xuño de 2026

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu hoxe ao acto conmemorativo celebrado no Concello de Ferrol con motivo do Día Nacional das Linguas de Signos Españolas (DNLSE), organizado pola Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra.

Durante o evento tivo lugar o visionado do vídeo conmemorativo do DNLSE 2026. Ademais, realizouse a lectura dun manifesto reivindicativo en defensa dos dereitos lingüísticos das persoas xordas.

Aneiros aproveitou a ocasión para felicitar á Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra “polo seu incansable traballo en prol da inclusión”.