Nova

A escola infantil da Xunta en Vite acolle unha xornada de seguridade vial con axentes locais


Santiago de Compostela, 7 de xuño do 2026

A escola infantil 0-3 do barrio de Vite, pertencente á rede pública autonómica, acolleu o pasado venres unha xornada de formación viaria para o persoal e o alumnado.

Axentes da Policía Local participaron nesta actividade para a que se instalou un circuíto no que explicaron os nenos, de maneira sinxela e lúdica, as normas de circulación.