Nova
A Xunta participa na presentación da memoria de actividades da Asociación Plataforma polo Emprego
Santiago de Compostela, 4 de xuño do 2026
O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou esta mañá na presentación pública da memoria de actividades do ano 2025 da Asociación Plataforma polo Emprego.
A Xunta apoia con preto de 170.000 euros o traballo desta entidade en favor da integración das persoas en risco ou situación de exclusión social por medio da inserción laboral.