Nova
A Xunta enxalza o compromiso das entidades Raiolas e Capaces Lugo coas persoas con autismo
Lugo, 31 de maio do 2026
O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou na clausura do evento solidario 24 horas polo autismo que organizan a Asociación Raiolas e Capaces de Lugo para dar visibilidade a este trastorno.
O director xeral agradeceu o compromiso do tecido social no acompañamento e asesoramento ás persoas con autismo e ás súas familias, sendo un piar fundamental no traballo da Xunta a prol das persoas que máis o precisan.