Nova

A residencia de maiores da Xunta en Burela obtén o certificado de Aenor que acredita a calidade da atención aos usuarios


Burela (Lugo), 28 de maio de 2026

A residencia de maiores da Xunta en Burela recibiu o certificado emitido por Aenor que garante a calidade dos seus servizos conforme a requisitos e estándares internacionais. 

Así o deu a coñecer o delegado territorial de Lugo, Javier Arias, quen informou de que este selo esténdese a todas as prestacións de carácter residencial, persoal, sociosanitario e psicosocial que ofrece o centro, dependente da Consellería de Política Social e Igualdade.

Estas certificacións teñen por obxecto garantir os mellores coidados atendendo ás necesidades específicas das persoas usuarias, así como agregar valor aos espazos residenciais da rede pública.

O delegado felicitou a todo o equipo de profesionais que traballa na residencia burelesa por esta distinción, que reflicte a implicación e o compromiso do persoal do centro coa mellora continua do servizo.