Nova
Martina Aneiros asiste á Gala Solidaria de Manos Unidas
Ferrol, 28 de maio de 2026
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta tarde no edificio de Afundación á Gala Solidaria de Manos Unidas.
Este encontro sirve para a recadación de fondos que a ONG destinará ás diferentes causas sociais coas que se implica por todo o mundo. A cita contou coas actuacións musicais da rondalla Añoranzas, da banda de gaitas Agarimo de Catabois e o grupo Los Nostálgicos.