Nova
A Xunta impulsa a formación das directivas dos centros sociocomunitarios para seguir fomentando o envellecemento activo
Santiago de Compostela, 26 de maio do 2026
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, inaugurou esta mañá a xornada de formación específica para as directivas dos centros sociocomunitarios. Destacou que o obxectivo é dotalos de ferramentas e claves para seguir impulsando o envellecemento activo entre os usuarios.
Neste sentido, o director xeral puxo en valor o papel que desenvolven estes centros ao ser integradores da veciñanza, ao tempo que constrúen unha comunidade que axuda a evitar as situacións de soidade non desexada e a participación activa e social dos maiores.