Nova
A Xunta felicita a todo o alumnado que participou no concurso escolar de Cancións en Lingua de Signos Española ‘Cantamos coas mans’
O IES A Sardiñeira (A Coruña) resultou o gañador do certame e os outros centros premiados foron: o CPI Terras de Maside (Ourense), o CRA de Ribadumia, o CEIP de Ardán (Marín), o CEIP Sagrada Familia (A Coruña) e o CEIP de Vilaverde–Mourente (Pontevedra)
Santiago de Compostela, 8 de maio do 2026
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, felicitou a todo o alumnado que participou no IX Certame Escolar de Cancións en Lingua de Signos Española Cantamos coas mans. A Cidade da Cultura de Galicia acolleu hoxe a entrega de premios deste concurso, que organiza a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg) e que hoxe celebrou a entrega de premios na Cidade da Cultura.
Jacobo Rey destacou o traballo realizado tanto polo alumnado como polo profesorado, ao tempo que agradeceu a implicación dos centros educativos nesta iniciativa. Ao respecto, apuntou que este tipo de actividades contribúen a impulsar unha sociedade máis accesible e inclusiva na que todas as persoas, con independencia das súas circunstancias, teñan as mesmas oportunidades.
O IES A Sardiñeira (A Coruña) foi o gañador desta edición do concurso, recibindo o Premio do Xurado. Os outros centros galardoados foron: o CPI Terras de Maside (Ourense), que se fixo co Premio do Público; e outorgáronse catro Mencións de Honra ao CRA de Ribadumia, ao CEIP de Ardán (Marín), aos CEIP Sagrada Familia (A Coruña) e ao CEIP de Vilaverde–Mourente (Pontevedra).