Nova

Fabiola García inicia unha viaxe institucional por América Latina para reunirse coa colectividade galega e con expertos do sector sénior

A conselleira de Política Social e Igualdade compartirá cos galegos no exterior as políticas públicas da Xunta para fomentar o envellecemento activo e facilitar a conciliación familiar


Santiago de Compostela, 27 de abril de 2026

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, iniciará mañá unha viaxe institucional de cinco días por Arxentina e o Uruguai para reunirse coa colectividade galega. Está previsto que tamén manteña varios encontros con expertos destacados do sector sénior na América Latina para reforzar as sinerxías.

A conselleira trasladará ós galegos emigrados as políticas públicas impulsadas en Galicia para fomentar o envellecemento activo e saudable, con medidas pioneiras como o Carné +65. Así mesmo, tamén exporá algunhas das iniciativas da Xunta orientadas ás familias como a gratuidade da educación infantil ou a Tarxeta Benvida,  que permiten situar a comunidade como un referente na conciliación.

Durante a viaxe, Fabiola García tamén visitará diferentes centros residenciais e explicará as particularidades do modelo de coidados de Galicia. Ademais, manterá unha rolda de contactos con expertos no sector sénior e a silver economy, co obxectivo de reforzas o intercambio de diálogo e impulsar novas accións destinadas ó benestar dos maiores.