Nova

A Xunta destaca o labor que realizan os servizos de educación e apoio familiar dos concellos

O director xeral e Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, asistiu ao cuarto encontro formativo dos Servizos de Educación e Apoio Familiar (Seaf)


O Carballiño (Ourense), 23 de abril do 2026

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, puxo en valor a importancia dos servizos de educación e apoio familiar municipais e destacou a aposta da Xunta por reforzalos para impulsar o seu traballo en rede.

Na inauguración do cuarto encontro formativo de Servizos de Educación e Apoio Familiar (Seaf), Jacobo Rey felicitou ao Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG) por organizar desde 2023 este encontro anual, que busca fortalecer a coordinación e a posta en común do labor que realizan as profesionais de educación social dos distintos concellos de Galicia.

A Residencia de Tempo Libre (RTL) do Carballiño da Xunta acolle entre hoxe e mañá estas xornadas, destinadas a educadoras sociais dos Servizos de Educación e Apoio Familiar dos concellos, a persoal dos equipos técnicos provinciais do menor e ás educadoras sociais de centros de protección de Galicia.