Nova
Martina Aneiros asiste ao café solidario organizado por Manos Unidas
Ferrol, 17 de abril de 2026
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta tarde no Casino Ferrolán ao tradicional café solidario organizado por Manos Unidas.
Este encontro sirve para a recadación de fondos que a ONG destinará ás diferentes causas sociais coas que se implica por todo o mundo. A cita, que contou cun sorteo de regalos entre os asistentes, estivo amenizada polo coro Concerto Tempiño.