Nova
Fabiola García participa na procesión de Xesús Glorioso no concello de Porto do Son
Porto do Son (A Coruña), 5 de abril do 2026
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, participou esta mañá na Procesión de Xesús Glorioso, que percorreu as rúas de Porto do Son. No acto, estivo acompañada polo alcalde deste municipio, Luis Oujo.
A procesión comezou na capela da Atalaia e ao seu paso pola Praza de España escenificouse o Encontro de Resurrección entre as imaxes de Xesús Glorioso e da Virxe María. Os asistentes realizaron o percorrido que pasou pola rúa da Igrexa, Camiño Novo, Praza de España, Trincherpe, Avenida de Galicia e rúa da Igrexa. A procesión rematou na igrexa parroquial de San Vicente de Noal, onde tivo lugar unha misa.