Nova
Fabiola García destaca que a Xunta poderá destinar preto de 938.000 euros nos vindeiros tres anos ao Servizo de Axuda no Fogar de Cervo
Lembra que os concellos xa poden adherirse ao incremento da achega autonómica a esta prestación de xestión municipal
Santiago de Compostela, 29 de marzo do 2026
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, e a alcaldesa de Cervo, María Dolores García, mantiveron un encontro para analizar a situación dos servizos de atención ás persoas maiores deste concello. Fabiola García reafirmou o compromiso da Xunta con seguir fortalecendo os recursos de proximidade para garantir os coidados e o benestar da veciñanza de máis idade en todos os recunchos de Galicia.
Neste sentido, a conselleira trasladou á rexedora municipal que Cervo pode acollerse xa ao incremento da achega autonómica ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF), grazas ao que poderá recibir unha inxección económica preto de 938.000 euros entre este ano e o 2028. A suba da achega da Xunta a esta prestación de competencia municipal é posible tras o acordo asinado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), que permite elevar progresivamente o prezo/hora do SAF dos 12 euros actuais aos 18 neste mandato.
Fabiola García tamén explicou que a Xunta reforzou a atención aos maiores de Cervo a través do Bono Coidado no Fogar, unha achega económica para as persoas dependentes que queren ser coidados nas súas vivendas. Na actualidade, un total de 52 veciños deste concello reciben esta axuda de 5.000 euros ao ano.