Nova
A Xunta destaca as vantaxes do Carné +65, que é gratuíto para todas as persoas maiores
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visita un dos establecementos adheridos a este programa
Meaño (Pontevedra), 27 de marzo de 2026
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, destacou hoxe as vantaxes e beneficios que ten para as persoas maiores o Carné +65. Fíxoo nunha visita á Bodega Paco e Lola, en Meaño, un dos establecementos adheridos a este programa da Xunta de Galicia.
Na actualidade, mais de 900 establecementos de toda a comunidade están adheridos a esta iniciativa pioneira, que ten entre os seus obxectivos favorecer o envellecemento activo e saudable. Nestes locais, poderán contar con vantaxes importantes como descontos, ofertas ou promocións en diferentes produtos e servizos relacionados coa saúde e o benestar, así como co ocio e a restauración.
O Carné +65 é gratuíto para os usuarios sen necesidade de facer ningún trámite nin activación, unicamente debe presentarse nos establecementos. Deste xeito, as persoas interesadas poden consultar na páxina web do programa todos os detalles e a listaxe completa dos locais adheridos.