Nova
Fabiola García felicita os traballadores xubilados da Fundación San Rosendo
Cenlle (Ourense), 26 de marzo do 2026
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, participou esta tarde na homenaxe anual que a Fundación San Rosendo realiza os seus traballadores xubilados. Durante a súa intervención, felicitounos pola nova etapa que agora se lles abre e agradeceulles todo o traballo e dedicación amosado durante estes anos cos usuarios da entidade.
No acto, no que estivo acompañada polo director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, e polo delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, a conselleira puxo en valor o labor da Fundación San Rosendo, que recoñece a través deste acto o traballo dos seus traballadores ao longo dos anos. Neste sentido, sinalou que a Fundación San Rosendo demostra que, ademais de ser unha entidade comprometida coas persoas maiores, “representa unha gran familia para todos os seus profesionais”.