Nova
A futura residencia de maiores da Xunta en Ribeira contará con 120 prazas, un 20% máis das inicialmente previstas
Nestes momentos estanse a elaborar as bases técnicas para licitar canto antes a redacción do proxecto de construción
Ribeira (A Coruña), 19 de marzo de 2026
A nova residencia pública para persoas maiores de Ribeira disporá dun total de 120 prazas, un 20% máis das previstas no proxecto inicial. A Xunta de Galicia traballa nestes momentos na redacción das bases técnicas para poder licitar canto antes a redacción do proxecto para a construción deste equipamento, que dará servizo ás familias de Ribeira e dos concellos veciños do Barbanza.
Pola súa parte, o Concello ribeirense está xa a elaborar o convenio de cesión á Xunta dos terreos nos que se levantará o futuro centro residencial: unha parcela de propiedade municipal situada no lugar de Cruxeiras, que cumpre con todos os requisitos para levar a cabo esta actuación comprometida polo Goberno galego.
A parcela seleccionada conta con zonas verdes e está próxima ao parque de San Roque, un dos pulmóns verdes de Ribeira. Trátase dunha zona ben comunicada, próxima ao núcleo urbano e con vistas ao mar.