Nova
A Xunta anima ás persoas maiores a aproveitar as vantaxes, descontos e promocións do Carné +65
Na actualidade, máis de 900 establecementos de toda Galicia están adheridos a este programa do Goberno galego para fomentar o envellecemento activo e saudable
Melide (A Coruña), 14 de xaneiro de 2026
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, achegouse está mañá á Óptica Tábora en Melide para entregar aos seus responsables o distintivo que acredita este establecemento como adherido ao programa Carné +65. Fabiola García animou a todos as persoas maiores a que fagan uso dos descontos, vantaxes e beneficios que ofrece esta iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia en servizos de saúde, ocio e benestar.
Na actualidade, mais de 900 establecementos de toda Galicia están adheridos a este programa pioneiro do Executivo autonómico e que ten entre os seus obxectivos favorecer o envellecemento activo e saudable. Nestes locais, poderán contar con vantaxes importantes como descontos, ofertas ou promocións en diferentes produtos e servizos relacionados coa saúde e o benestar, así como o ocio e a restauración. En concreto, nesta óptica de Melide as persoas co Carné +65 gozan de descontos de ata o 30% en gafas e audífonos.
O Carné +65 é gratuíto para os usuarios sen necesidade de facer ningún trámite nin activación, unicamente debe presentarse nos establecementos. Deste xeito, as persoas interesadas poden consultar na páxina web do programa todos os detalles e a listaxe completa dos locais adheridos.