Nova
A Xunta colabora con Auxilia na organización dunha actividade cultural co artista lucense Diego As
Lugo, 9 de marzo de 2026
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo hoxe unha reunión coa delegada de Auxilia en Lugo, Nuria Neira, que está a organizar para o vindeiro 30 de marzo un encontro dos usuarios co artista lucense Diego As.
Arias confirmou que o Goberno galego colaborará nesta actividade cultural, e destacou “a relación de cooperación que mantemos coa entidade para facilitar o seu labor no eido da atención e a integración das persoas con discapacidade”.
Neste sentido, lembrou que a Xunta financia o proxecto de Auxilia ‘Diversas pero iguais’, ao abeiro das achegas para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, e tamén contribúe aos gastos de funcionamento mediante a convocatoria para o fomento e a realización de actividades de voluntariado.