Nova

A Xunta colabora coa asociación Aspromor na adquisición de roupa deportiva para o equipo adaptado Genuine


Ortigueira (A Coruña), 8 de marzo do 2026

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou esta mañá os deportistas do club inclusivo Genuine da asociación Aspromor, en Ortigueira, e fíxolle entrega das novas equipacións para os membros do club de remo-ergómetro e fútbol sala.

Así mesmo, a conselleira aproveitou a ocasión para felicitar aos deportivas de ambos equipos por levar a Galicia ao máis alto do deporte adaptado, ao tempo que os animou a seguir traballando nesta liña. Ademais, tamén enviou os parabéns de todo o Executivo galego aos galardoados durante o campionato español de remo-ergómetro celebrado en Cartaxena, así como ao resto dos membros do equipo.