Nova

Fabiola García clausura o primeiro foro `Mulleres con voz´ e destaca a importancia deste tipo de iniciativas


A Coruña, 5 de marzo do 2026

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, clausurou esta mañá o primeiro foro Mulleres con voz organizado polo xornal La Voz de Galicia e que se celebrou no Nordés Club Empresarial, co obxectivo de reunir a mulleres referentes de diferentes sectores e dar visibilidade ao seu traballo.

Neste sentido, Fabiola García puxo en valor a creación de espazos de diálogo coma este que permiten unir esforzos e sentar as bases para seguir promovendo políticas públicas de igualdade que cheguen a todos os sectores e a todas as mulleres.